03/09/2019

Novo test de Primeira fronte ao Parrulo

Novo test de Primeira fronte ao Parrulo
Quedan menos de dúas semanas para o inicio ligueiro e os pupilos de Juanma Marrube continúan co traballo de preparación. Mañá, terán un novo test de Primeira LNFS na pista do Parrulo (A Malata, 20.30 horas), na presentación do conxunto ferrolán.

Esta será a segunda vez que os equipos que protagonizarán o único derbi irmandiño da máxima categoría 2019-20 se vexan as caras en pretempada; a anterior foi no Torneo Burela Bonita, con marcador moi axustado para os parrulos (3-4): “Seguramente sexa semellante, moi igualado entre dous equipos que buscan chegar nas mellores condicións ao inicio de liga. Vénnos moi ben para a posta a punto de liga e para medirnos como grupo” explicaba Iago Míguez.

O Pescados Rubén Burela FS chega á cita despois de superar oitavos de Copa Galicia fronte ao Ribeira FS, de Segunda B (4-10): “O primeiro obxectivo era a clasificación, cumpriuse con el e tamén coa meta de seguir medrando como equipo. Realizamos un bo traballo durante os corenta minutos” valoraba o 5 laranxa, esperando xa a seguinte rolda, en cuartos co duelo comarcal ante o Xove FS, que vén de superar ao Valdesuso Peugeot Vilalba (2-5): “Será un partido especial para a bisbarra da Mariña; será moi complicado, medirémonos a xogadores con moita motivación ao enfrontarse a un equipo de Primeira División e ademais moitos defenderon a camiseta do Pescados Rubén”.

A tempada arrancará o 14 de setembro en Vista Alegre, con Tarde Laranxa, fronte ao Poio Pescamar, en Primeira RFEF, e Industrias Santa Coloma, en LNFS. Tamén arrancará a segunda tempada do fillo pródigo burelista precisamente tras o seu paso polo conxunto catalán: “O ano pasado non foi o mellor individualmente, aínda que grupalmente foi o máis exitoso. Este atópome ben, estou ao cento por cento, xa adestro todos os días cos meus compañeiros. Espero que sexa un bo ano, oxalá me respecten as lesións para axudarlle o máximo posible ao equipo” concluía o ala.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.