30/08/2019

Á conquista de Milán

Á conquista de Milán

O Pescados Rubén Burela FS xa está rumbo a terras italianas para disputar esta fin de semana da 4 Nations Futsal Women’s Cup en Milán e realizará a última sesión da semana no Centro Sportivo Enrico Mattei, ás 20.30 horas. Kick Off C5 Femminille, conxunto anfitrión gañador de Copa en Italia, Laguna Uor, triunfador en Rusia, e Budstar, segundo clasificado en Ucraína, serán os rivais a bater. A cita poderá seguirse a través da páxina de Facebook da Divisione Calcio a Cinque

“Estamos moi ilusionadas con esta competición que é nova para nós, estamos desexando que chegue xa o momento de saltar á pista. Ata o momento as sensacións de pretempada son moi boas, o equipo vese bastante forte e concentrado” explicaba Jozi, achegando un ano máis, e xa será o undécimo, veteranía e experiencia baixo paus.

As Guerreiras estrearán o periplo europeo, na primeira semifinal mañá, fronte ao Laguna Uor, ás 16.00; ás 18.30 horas mediranse italianas e ucraínas. “Será un torneo duro e verase un fútbol sala bonito e intenso. Os equipos que participan na Recopa teñen xogadoras de referencia nos seus países e internacionais; no caso do conxunto italiano tamén conta con internacionais brasileiras”.

“Imos con moitas ganas de poñer o noso mellor fútbol sala; é xa como a primeira real nun torneo con rivais de grande entidade” confesaba a porteira laranxa, transmitindo o seu optimismo para coarse na final, prevista para o domingo ás 15.00. Antes, ás 13.00 hoas, disputarase a loita polo terceiro e cuarto posto.

“Achégase unha tempada bonita, con cambios en competición; será o primeiro ano con play off, por exemplo. Temos un equipo moi forte este ano e temos que mirar ao máis alto porque podemos disfrutar dunha tempada extraordinaria”, recoñecía así a porteira a ilusión por novas metas, coa Supercopa xa nunha semana (venres 6, Las Rozas, 21.00 horas)

Julio Delgado contará con todos os efectivos á falta da lesionada de longa duración Cristina Pérez.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.