27/08/2019

Cilene: 'Tiñamos xa ganas de compromisos con esta esixencia'

Cilene: 'Tiñamos xa ganas de compromisos con esta esixencia'
Xa se achega un dos grandes compromisos de pretempada na axenda laranxa, como antesala para a Supercopa de España, do 6 de setembro. Esta fin de semana, o Pescados Rubén Burela FS disputará a segunda edición de 4 Nations Women’s Cup Winner’s Cup en Milán. “Tiñamos ganas de retos deste calibre, deste tipo de esixencia. Non sabemos ben o que nos imos atopar, pero creo que estamos preparadas para facer un bo papel ante rivais de gran entidade”, recoñecía a brasileira Cilene, facendo referencia aos outros participantes: Kick Off C5 Femminille, conxunto anfitrión gañador de Copa en Italia, MFC Lagoa-Uor Penza, triunfador en Rusia, e Budstar, segundo clasificado en Ucrania.

As Guerreiras Laranxas chegan á cita despois disputar de pleno de vitorias nos seus anteriores desprazamentos, ante O Fisgón e Ourense Envialia, en Marín, e Rodiles FSF e Bilbo CFS, en Villaviciosa: “Volveu ser unha boa experiencia de pretempada; realizamos un bo traballo; estamos no bo camiño” puntualizaba así a 6 mariñá, cualificando o novo proxecto para 2019-20, no seu cuarto ano como laranxa, como “máis compensado e máis forte” tras a chegada de Ale de Paz e Jenny Lores.

“Estou moi ilusionada por poder gozar do fútbol sala un ano máis en España e defendendo esta camiseta. Só espero que as lesións mo permitan; atópome ben, con boas sensacións. Creo que será un ano aínda máis bonito” confesaba a peche, coa vista posta tamén no inicio de liga, o 14 de setembro, coa visita de Poio Pescamar a Vista Alegre.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.