22/08/2019

Luci: 'Temos ganas de soltarnos máis e ver as melloras na pista'

Luci: 'Temos ganas de soltarnos máis e ver as melloras na pista'
Villaviciosa será o escenario para a segunda proba de pretempada do Pescados Rubén Burela FS. O municipal Manuel Busto da localidade asturiana acollerá o Triangular Pablo Cortina-José Huerta 2019 entre mañá e o sábado. “Temos ganas de volver xogar, de soltarnos un pouco máis e ver melloras dentro da pista. En Marín foi un pouco pesado e faltou fluidez ao ser o primeiro partido; nótase porque levamos moita carga” recoñecía a internacional española Luci, antes os compromisos con Bilbo FSF (venres, 19.30 horas), nun adianto de Primeira RFEF, e o anfitrión, Rodiles FSF (sa´bado, 18.30 horas), de Segunda.

Ante a súa segunda tempada de laranxa, a coruñesa móstrase con ganas de dar máis de si: “Despois do primeiro ano en Burela, creo que podo ofrecer a miña mellor versión. Espero que poidamos dar continuidade á boa liña coa que acabamos a tempada pasada. Temos máis títulos en xogo e iso reforza a nosa motivación na nova tempada” mostrábase así de ilusionada a 19 burelista, en busca de cumprir novas metas e soños co Pescados Rubén: “Levamos dúas semanas moi intensas, estamos traballando moitísimo. Todas sabemos ao que viñemos. Queremos volver estar arriba, comezamos xa co gran reto de Supercopa de España. As incorporacións creo que son as acertadas e que temos un bloque moi bo para facer grandes cousas esta tempada”, concluía a á irradiando o seu característico optimismo.

Para o Memorial asturiano, Julio Delgado poderá contar con todos os efectivos de pretempada, a excepción da murciana Cristina.

Expedición: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.