13/08/2019

Abonos 2019-20: 18 anos, dende a base á elite

Abonos 2019-20:
18 anos, dende a base á elite
Comeza a conta atrás, coa apertura da campaña de socios/as 2019-20. Tan só queda un mes para Vista Alegre volva ruxir co mellor dos espectáculos nunha tempada moi especial para a Familia Laranxa, cumprindo 18 anos de traballo dende a base á elite e cos dous equipos sénior, feminino e masculino, en Primeira.

Os nov@s soci@s poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela. Horario do mes de agosto: De Luns a venres, 9.00-14.00 horas) ou a través de burelafs@burelafs.org.

Como novidade, as altas de socio tamén se poderán tramitar online, nesta LIGAZÓN.

PREZOS DE ABONOS 2019-20

0-5 anos: Gratuíto

6-17 anos: 20 euros

Abono 25 (18-25 anos): 50 euros

Xubilad@: 70 euros

Individual: 100 euros

Familiar (só para soci@s antig@s): 160 euros


Retirada de carnés


Tanto os novos socios como as renovacións poderán retirar o seu carné dende o día 2 de setembro na sede laranxa.

Horario de atención a partir de setembro: De luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.