16/07/2019

A Bomboneira estreará e despedirá a liga 2019-20 para as Guerreiras

A Bomboneira estreará e despedirá a liga 2019-20 para as Guerreiras
Xa temos datas para a nova tempada das Guerreiras Laranxas; así o deu a coñecer a RFEF na tarde de onte. A Bomboneira estreará a liga 2019-20 o 14 de setembro, con nin máis nin menos que derbi irmandiño ante o Poio Pescamar FSF, e despediraa o 2 de maio, cun novel, o Bilbo FS.

Esta será a primeira tempada na que o calendario dos dous equipos sénior do Pescados Rubén Burela FS, feminino e masculino, coincidan en apertura e peche. Ademais, a estrea será cento por cento Laranxa, coa inauguración de ambos en Vista Alegre, na primeira de seis xornadas nas que compartirán escenario como locais (xornadas 1, 3, 5, 9, 11 e 13), todas na primeira volta.

O de Poio será o único duelo galego que vivirá a escuadra mariñá arroupada pola Bancada Laranxa na primeira volta; para Cidade das Burgas e Ourense Envialia haberá que esperar ao 1 de febreiro e 14 de marzo respectivamente, nas xornadas 19 e 24. Outra das grandes citas que se poderán gozar na casa antes do ecuador de Nadal será ante o Futsi Atlético Navalcarnero o 30 de novembro, na 12, con volta en La Estación, na 27, o 4 de abril.

Supercopa e 4 Nations Futsal, como preámbulo

Na axenda burelista xa hai outras dúas citas marcadas antes do inicio de liga. O novo duelo de titáns, ante o Futsi, de Supercopa de España está programado para a fin de semana do 7 de setembro. Antes, o 31 de agosto e 1 de setembro, o Pescados Rubén Burela FS disputará en Milán a segunda edición de 4 Nations Futsal Women’s Cup, con Kick Off C5 Femminille, como anfitrión, Laguna-Uor de Rusia e Budstar de Ucraína.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.