11/07/2019

Jenny Lores, segunda novidade do Pescados Rubén

Jenny Lores, segunda novidade do Pescados Rubén
A ala-peche Jenny Lores Cortizo estivo arroupada na súa presentación oficial de laranxa polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Rubén Blanco. A pontevedresa, de Monte Porreiro, é a segunda novidade no proxecto do Pescados Rubén Burela FS para a próxima tempada, xunto á que tamén foi a súa compañeira en Poio Pescamar FSF, a nedense Ale de Paz.

Aos seus 28 anos, a xogadora recala na comarca da Mariña para cambiar de aires, con ganas de novos desafíos: “Custoume un pouco tomar a decisión porque levaba moitos anos co Poio e tíñalle moito agarimo á xente e ao equipo, pero apetecíanme novos retos e saír un pouco da miña zona de confort e non hai mellor club para iso que o Pescados Rubén, que é o máis profesional”, explicaba a nova Guerreira Laranxa, formada en estrutura de Marcón FS e que chega tras cinco tempadas no Poio.

“É a miña primeira experiencia fóra da casa, pode impoñer un pouco de respecto ao principio pero todo será cuestión de adaptarme. O Burela é un equipo moi forte e creo que me adaptarei ben, con traballo, sacrificio e ganas” confesaba así a ala-peche, disposta a seguir medrando e gozando na escuadra mariñá: “Veño para superarme e pelexar por conseguir títulos, pero sobre todo veño aprender moitísimo” puntualizaba Jenny.

Jenny Lores e Ale de Paz reforzan un bloque no que continúan Peque e Dany e xa formalizaron a renovación Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Luci, Jozi e Lara Balseiro.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.