08/07/2019

Unha campioa de Europa que repite como burelista

Unha campioa de Europa que repite como burelista
A ala coruñesa Lucía Gómez repetirá como burelista en 2019-20, na súa segunda campaña na bisbarra da Mariña. Luci, unha das habituais da Selección Española, coa que se proclamou campioa de Europa (Portugal 2019) xunto á tamén laranxa Peque, convértese na sexta cara coñecida do bloque, con Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Dany e a propia Peque.

A 19 burelista incorporouse á escuadra das Guerreiras a tempada pasada dende o Ourense Envialia FSF; tan só perdeu 3 partidos en toda competición de liga e anotou 13 dianas. Na XIII Copa Galicia selou a vitoria e título fronte ao seu ex-equipo co definitivo 0-3, tras dobrete de Peque.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.