15/06/2019

Pescados Rubén imponse a Alicante (5-2) para protagonizar outro derbi galego de Copa

Pescados Rubén imponse a Alicante (5-2) para protagonizar outro derbi galego de Copa
O Pescados Rubén Burela FS protagonizará outro derbi irmandiño na Copa de SM A Raíña. Será mañá en semifinais, fronte a Ourense Envialia FSF (20.00 horas), tras conseguir a clasificación para ante UA Alicante (5-2). Antes, na primeira semifinal, haberá outro duelo de terras, pero madrileñas, AD Alcorcón FSF-Futsi Atlético Navalcarnero (17.45 horas).

As de Julio Delgado Lucas saíron en volandas, moi motivadas, ante unha grada ateigada e entregada. Lara Balseiro, no minuto 6, e Peque, no 16 e cunha bonita vaselina, puxeron terra por medio. Tras o descanso, as alacantinas, nas zapatillas de Elenita, reduciron distancias, pero, pesar de que ás Guerreiras Laranxas custáballes o último pase, as da Mariña non estaban dispostas a ceder nadiña de nada. Peque e Bea Mateos volveron marcar vantaxe nos minutos 34 e 35. Na súa reacción con xogo de cinco, as de Carlos Moreno atoparon o gol de novo con Elenita. Peque, a 53 segundos do final, rematou a faena co definitivo 5-2.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Jenny, Bea Mateos, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Cami, Cilene, Peque, Lara Balseiro, Popó

UA Alicante FSF: Jenny, Anita, Carmen, Elenita, Lara, cinco inicial; tamén xogaron Bianca, Ángela, Moni, Raquel

Goles: 1-0, minuto 6, Lara Balseiro; 2-0, minuto 16, Peque; 2-1, minuto 27, Elenita; 3-1, minuto 34, Peque; 4-1, minuto 35, Bea Mateos; 4-2, minuto 36, Elenita, 5-2, minuto 40, Peque

Árbitros: Hevia Campa // Santoveña Fernández. Por Burela amarela a Peque.

Incidencias: Partido correspondente ao último cuarto de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño) disputado en Vista Alegre, ante unhas 1000 persoas. O xefe de gabinete Presidencia da RFEF, Juan Rubiales, e o presidente de RFGF, Rafael Louzán, encabezaron o palco de autoridades, xunto ao alcalde Burela, Alfredo Llano.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.