07/06/2019

Dende A Fervenza, chega outra Xoia ao Pescados Rubén

Dende A Fervenza, chega outra Xoia ao Pescados Rubén
A novísima Cristina Lourés Casal (Narón, 2002) incorporarase á estrutura do Pescados Rubén Burela FS para as tres vindeiras tempadas. A ala-peche ferrolá, de tan só 16 anos e formada no conxunto filial, Comarcal A Fervenza FSF, estivo acompañada pola vicepresidenta, Cesarina Fanego Mon, na súa presentación oficial.

Cris, que xa tivo a oportunidade de estrearse en Primeira División coa camisola burelista, con 4 partidos disputados na liga 2018-19, compatibilizará as súas responsabilidades a vindeira tempada entre o Pescados Rubén e A Fervenza.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.