06/06/2019

Pope cumprirá a súa terceira tempada na Mariña, incorporándose á estrutura Laranxa

Pope cumprirá a súa terceira tempada na Mariña, incorporándose á estrutura Laranxa
Sergi Orgillés Saiz, Pope, cumprirá a súa terceira tempada de laranxa en 2019-20. O peche formalizou o acordo co Pescados Rubén Burela FS xunto ao presidente, Manuel Blanco, que destacou o crecemento do 14 mariñán, ademais da súa gran contribución no regreso a Primeira LNFS, e agradeceu “as facilidades amosadas polo Palma Futsal para a contratación do xogador, xa como cento por cento burelista, tras estar cedido estes dous últimos anos”.

“Estou moi contento e orgulloso de que confíen en min outro ano máis. Teño moitas ganas de empezar; esta é a miña casa. Preséntasenos unha nova etapa moi bonita por diante, aínda que tamén difícil”, explicaba o catalán de 23 anos, desbordando ilusión pero tamén cautela polo novo reto.

A continuidade de Pope súmase a outras referencias do equipo con contrato en vigor como Matamoros, Iago Míguez, Lucho ou as Xoias Laranxas Renato e Pitero, ademais das chegadas de Álex Diz, desde Osasuna Magna, ou Everton, desde Santiago Futsal. O club aposta por uns alicerces sólidos, a base do equipo que conseguiu o grande obxectivo e na esencia e filosofía que converteu en realidade o soño da elite: “Ademais da confianza que me ofrecen o club e a directiva, tamén confío e creo moito no xeito que ten Juanma Marrube de ver e entender o fútbol sala. A nosa filosofía poderanos dar un salto de calidade na liga” aseguraba o peche, entusiasmado: “Aínda que xoguei algún partido en Primeira, 2019-20 será a miña estrea de verdade na categoría, con participación e peso. Espero adaptarme ben, sobre todo que as lesións me respecten e ter minutos para seguir medrando” concluía Pope.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.