04/06/2019

Promesas Femininas. A maxia do futsal agarda por ti!!!!

Promesas Femininas. A maxia do futsal agarda por ti!!!!
A maxia do futsal agarda polas promesas femininas, nas categorías Alevín (2008-09), Infantil (2006-07), Cadete (2004-05) e Sénior. As rapazas interesadas poderán reservar a súa praza para participar nos adestramentos do 4 e 5 de xullo e divertirse co fútbol sala.

Data límite de inscrición: Martes 2 de xullo

O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club ou no documento adxunto; tamén poden anotarse directamente PREMENDO AQUÍ. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 982581815 ou en escuelasdeportivas@burelafs.org.

Horarios de adestramentos, 4 e 5 de xullo

CATEGORÍAS ALEVÍN e INFANTIL: 18:00 h a 19:30 h (Pavillón Vista Alegre)

CATEGORÍAS CADETE e SENIOR: 19:30 h a 21:00 h (Pavillón Vista Alegre)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.