01/06/2019

Despedida con vitoria en Sabadell (1-6) e co título de subcampión de liga

Despedida con vitoria en Sabadell (1-6) e co título de subcampión de liga
O Pescados Rubén Burela FS despediu esta tarde unha liga sublime con vitoria na casa do Femisport (1-6) e rozando o soño, nunha tempada igualadísima. As Guerreiras Laranxas fixeron os deberes para conseguir os 84 puntos, pero Futsi Atlético Navalcarnero tampouco errou e álzase co título de campión grazas ao 0-2 en Alcorcón e o goalaverage ao seu favor sobre as mariñás.

A cor laranxa tivo o control da cita. Bea Mateos e Cami encamiñaron na primeira parte ante un rival que chegaba á última xornada con -2 puntos, tras conseguir tan só 1 empate en toda a tempada e ser sancionado por non presentarse en Roldán a semana pasada. No segundo acto, Lara Balseiro e Luci, con Collado en propia porta, ampliaron ata o 0-5. Foi a propia Collado a encargada de anotar o tanto do honor, pero Popó completou a última vitoria co definitivo 1-6 con seis minutos aínda para a bucina final. Tocaba esperar o desenlace entre Alcorcón e Futsi, pero a fortuna non se aliou cos intereses burelistas.

Cruzamentos de Copa de SM A Raíña

Agora toca pensar en novo reto. A Copa de SM A Raíña arrincará en Burela o venres 14 de xuño cos seguintes cruzamentos de cuartos: Futsi Atlético Navalcarnero (1º)-Penya Esplugues (8º), Pescados Rubén Burela FS (2º)-UA Alicante (7º); Ourense Envialia FSF (3º)-Poio Pescamar FSF (6º) e Jimbee Roldán (4º)-Alcorcón FSF (5º).

Ficha técnica


Femisport Palau FS: Raquel, Carri, Ana, Marta, Sandra, cinco inicial; tamén xogaron Luján, Collado, Cris, Mariona

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cami, Lara Balseiro, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Bea Mateos, Popó, Alves, Jozi

Goles: 0-1, minuto 12, Bea Mateos; 0-2, minuto 13, Cami; 0-3, minuto 24, Lara Balseiro; 0-4, minuto 29, Luci; 0-5, minuto 30, Collado (p.p.); 1-5, minuto 32, Collado; 1-6, minuto 34, Popó

Árbitros: López Pérez // López Díaz. Por Burela amarela a Popó (minuto 35)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 30 de Primeira RFEF disputado no pavillón Sabadell Nord

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.