30/05/2019

Álex Diz, primeira novidade no regreso laranxa á elite

Álex Diz, primeira novidade no regreso laranxa á elite
A engrenaxe do novo Pescados Rubén Burela FS xa comeza a rodar no regreso a Primeira LNFS. O ala lugués Álex Diz é a primeira novidade do proxecto que seguirá estando ás ordes do mariñán Juanma Marrube. “Estou moi contento por regresar á miña terra cun proxecto moi ilusionante. Pescados Rubén é un club serio que me mostrou moito agarimo desde o primeiro contacto” explicaba o novo xogador laranxa.

A piques de cumprir 24 anos, Alejandro Diz Teijeiro (Lugo, 13/06/1995) xa é toda unha referencia no fútbol sala galego cun ampla experiencia na máxima categoría. Tras medrar na base do Azkar Lugo, uniuse ao Club da Loita, ao Santiago Futsal en 2015-16, ata o seu descenso a Segunda LNFS. Esta tempada defendeu as filas de Osasuna Magna, vivindo a súa primeira experiencia en Copa de España e play off de liga.

O club laranxa presentará o lugués nas próximas semanas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.