22/05/2019

O club, Juanma Marrube e Peque, recoñecidos polos Premios ANEFS 2019

O club, Juanma Marrube e Peque, recoñecidos polos Premios ANEFS 2019
O labor do Pescados Rubén Burela FS e dos seus integrantes durante 2018-19 vén de ser recoñecido polos Premios da Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala. Así o deu a coñecer a entidade onte a través das súas redes con tres galardóns. O club recibiu a Mención Especial, Juanma Marrube impúxose na categoría de Mellor Adestrador de Segunda Masculina e Peque como Mellor Xogadora. Julio Delgado quedou na segunda praza como Mellor Adestrador de Primeira Feminina.

A Cea de Gala do XXI Congreso Nacional ANEFS acollerá o acto a finais de xuño en Vitoria-Gasteiz.

Para a Familia Laranxa é un gran orgullo. Moitas grazas por este gran recoñecemento!

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.