14/05/2019

Burela acollerá a Copa de SM A Raíña de Fútbol Sala

Burela acollerá a Copa de SM A Raíña de Fútbol Sala
Burela é o lugar elixido para albergar a XXV Edición da Copa de España Feminina de Fútbol Sala, que por primeira vez se denomina Copa de S.M. A Raíña. Esta fase final, que se disputará os días 14, 15 e 16 de xuño no pavillón de Vista Alegre, contará cos oito equipos mellor clasificados da liga regular da Primeira División Feminina de Fútbol Sala. A de 2019 converterase na terceira edición como anfitrioa para a vila mariñá.

A competición arrincará o venres 14 de xuño, cos partidos de cuartos de final. O sábado 15 chegará o momento das dúas semifinais. Mentres que o partido decisivo será do domingo 16 de xuño.

Unha vez que se confirmen os oito equipos clasificados, coñeceranse os emparellamentos e os cruces desta Copa de SM A Raíña. Neste caso, o primeiro na táboa enfrontarase ao oitavo, o segundo ao sétimo, o terceiro ao sexto, e cuarto e quinto veranse as caras.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.