06/05/2019

A Galicia Xuvenil máis Laranxa acariña o título Nacional CNFS

A Galicia Xuvenil máis Laranxa acariña o título Nacional CNFS
O combinado de Galicia Xuvenil, do burelista Christian Fustes, proclamouse subcampión do Nacional de Seleccións Autonómicas CNFS disputado esta fin de semana en León. A Irmandiña, co brillo laranxa de Aarón Artime, Domingos Xabier Pinto, Adilson Varela, Bruno García, Heuricksson Gomes e Renato Monteiro, viviu unha emocionante final, ante Cataluña (4-5), despois de impoñerse a León e Castela e León na fase inicial.

Resultados:

Galicia 5-1 León

Galicia 4-3 Castela e León

Final: Galicia 4-5 Cataluña

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.