29/04/2019

O Pescados Rubén pelexará por revalidar Copa Galicia nas Pontes (6-7 de maio)

O Pescados Rubén pelexará por revalidar Copa Galicia nas Pontes (6-7 de maio)
O Pescados Rubén Burela FS xa ten outro reto por diante, e á volta da esquina, coa pelexa por revalidar o título de Copa Galicia, a vindeira semana, 6 e 7 de maio nas Pontes. Así o deu a coñecer a RFGF no día de onte.

Os pupilos de Juanma Marrube terán tan só un día para cambiar o chip, dende a clausura ligueira, fronte ao FC Barcelona B (sábado 4), e a semifinal irmandiña, o luns, véndose as caras co Santiago Futsal (18.30 horas). O outro billete para a gran loita decidirase entre O Parrulo Ferrol e Noia Portus Apostoli (20.30 horas).

“Enfocaremos nas mellores condicións esta cita, pero é un pouco xusto para nós. Santiago, Noia e nós temos só un día dende o remate da liga pero, no entanto, O Parrulo chegará con case quince días sen competición e preparando a Copa”, reflexionaba Juanma Marrube, confesando tamén a súa ilusión por volver á gran festa galega do fútbol sala. “Hai moitos condicionantes para ver un partido bonito, con Santiago. Somos dous equipos que nos coñecemos ben, hai xogadores que defenderon os dous e poderá revivirse a final do ano pasado” así convidaba o Mariskal á cita irmandiña.

Despedida en Vista Alegre

“A nosa intención é facer unha boa despedida da liga, de despedir a tempada diante da nosa xente con boas sensacións, pero tamén estaremos condicionados polos partidos de Copa. Quero premiar a xogadores menos habituais, de categoría xuvenil, como Nito ou Aarón, que terán a oportunidade de formar parte das rotacións”, adiantaba así Juanma Marrube do que será o último partido da liga 2018-19, fronte ao FC Barcelona B, este sábado, ás 18.30 horas (Vista Alegre).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.