20/04/2019

As Guerreiras mediranse ao Ourense na gran final irmandiña

As Guerreiras mediranse ao Ourense na gran final irmandiña
O Pescados Rubén Burela FS superou o primeiro obstáculo en Copa Galicia vencendo con solvencia e eficacia sobre o anfitrión, Viaxes Amarelle FSF (5-0). As Guerreiras mediranse, en pugna polo que pode converterse no quinto título irmandiño na vitrina laranxa, ao Ourense Envialia, que se impuxo na primeira semifinal ao Cidade das Burgas (4-1). Riazor acollerá a cita mañá ás 12.30 horas, tras a final de Minicopa, entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade das Burgas.

A cita comezou con mobilidade de esférico laranxa fronte a unha presión alta das coruñesas que lles brindou as primeiras chegadas con perigo. Coas rotacións iniciais burelistas, chegou a vantaxe para as da Mariña, con Dany en autopase; acto seguido Popó dispuxo dunha de ouro, a pase de Cilene, que freou Carmen Pérez baixo paus

Julio Delgado decidiu cambiar o ritmo do partido con Bea Mateos liderando o xogo de cinco; aínda non se cumprira a medianía da primeira parte; faltaban máis de dous minutos. Así axiña atopou a escuadra mariñá o 2-0, nas zapatillas de Peque (minuto 11). Jorge Basanta apostou pola mesma opción, coa ex das laranxas, Dolo. Regresaron pouco despois ao xogo de catro ambas as escuadras. Lara Balseiro, no 16, selou o 3-0 nunha gran saída de presión entre Bea e Peque, que sentenciou a viveirense ante unha Carmen Pérez moi adiantada.

As laranxas atoparon a comodidade definitiva no regreso ao parqué; ampliaron a fenda no minuto 22, de Cami desde a banda que deu en María Gómez antes de superar a liña de meta e así o ritmo de partido se mitigou. O quinto tívoo Peque, no 28, nun pase ao segundo pau de Popó, ao que non chegou a internacional por pouco. Co definitivo 5-0 atopouse precisamente Popó, no 33, ao recoller unha tentativa de incursión de Luci na área (minuto 33).

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Lara Balseiro, Bea Mateos, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cilene, Cami, Popó, Jenny, Jozi,

Viaxes Amarelle FSF: Carmen Pérez, Patri Romani, Renee, Martita, María Gómez, cinco inicial; tamén xogaron Iraia, Dolo, Mónica, Cristina, Marta Hermo

Árbitros: Moreira Bermúdez // Pérez Muñiz (Galicia). Por Burela amarela a Julio Delgado (minuto 7). Por Amarelle amarela a Jorge Basanta (minuto 13).

Goles: 1-0, minuto 6, Dany; 2-0, minuto 11, Peque; 3-0, minuto 16, Lara Balseiro; 4-0, minuto 22, Cami; 5-0, minuto 33, Popó

Incidencias: Partido correspondente á segunda semifinal de XIII Copa Galicia Feminina disputado en Riazor (A Coruña) ante máis de 400 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.