01/04/2019

Vista Alegre para Tod@s

Vista Alegre para Tod@s
A pista de Vista Alegre e a devoción polo deporte reuniron o venres pasado o Pescados Rubén Burela FS e a Fundación Eu Son para pasar unha entretida e emocionante tarde arredor do futsal pero tamén doutras disciplinas, como o baloncesto. Dany, Alves, Edu e Lucho compartiron unha divertidísima sesión cos usuari@s de Eu Son, baixo a batuta do técnico de Deportes da Fundación, Pablo Martínez.

Encadrado no proxecto Deporte sen Barreiras, o club mariñán mantén unha nutrida colaboración dende hai tempadas non só coa Fundación Eu Son, senón con outros colectivos como a Asociación Camiña e Axuda ao Enfermo Mental da Mariña participando en xornadas deportivas conxuntas, promovendo a práctica deportiva en igualdade e realizando visitas aos centros.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.