30/03/2019

O líder agárrase ao triunfo a 50 centésimas para a bucina

O líder agárrase ao triunfo a 50 centésimas para a bucina
Outra Tarde Laranxa redonda. Vista Alegre foi testemuña dunha remontada épica cun gol de Renato, a 50 centésimas da bUcina, que lle outorgou ao Pescados Rubén Burela FS o triunfo para seguir mantendo a súa renda na primeira praza de Segunda LNFS. Os pupilos de Juanma Marrube ofreceron dúas versións moi diferentes, cunha primeira parte con certo correcalles ante un rival atrevido que conseguiu unha vantaxe de 2-4 e un segundo período no que a paciencia e a orde se fixeron donas, co apoio de máis de oito minutos de xogo de cinco.

Asestou o primeiro golpe o Talavera, con Justo Cáceres (minuto 2). Os de Juanma Marrube mantiveron a compostura e a serenidade nunha cita de ritmo frenético e en menos dun minuto deron a volta ao marcador, no 7: primeiro cunha aparición premonitoria de Joselito para sentenciar ante Rafael Luque un balón longo que recibiu e serviu R. Vargas e poucos segundos despois cun córner de Juanfran que cazou en volea Renato, en banda contraria. Poñíanse as cousas ben para os mariñáns, pero Talavera non estaba disposto a ceder nin a mínima; no 9, recuperaron a vantaxe, con Josete. Os laranxas perdoaron demasiado, con asedio do tándem Renato-Juanfran, Hélder e Iago Míguez e os de Raúl Aceña souberon como ampliar a renda, no 16 e 18, con Sergio González, desde saque de banda e pegando ao pau, e Anass, tras recuperación.

Volveron á pista os do Mariskal co lastre do 2-4. A mellor ocasión do Pescados Rubén tívoa nas súas zapatillas R. Vargas no 23. O 25 laranxa volveu poñer a proba a rede de Rafael Luque no 24 cun balón alto.

Con case 9 minutos por diante, R. Vargas foi o encargado de liderar o xogo de cinco. Así, con calma e insistencia, reduciu distancias precisamente o onubense, no minuto 34, asistido por Joselito. Iago Míguez, en consonancia con Luisma, tiveron o empate nas súas zapatillas pouco despois, estrelándose o rioxano contra o pau. Foi o 6 burelista o gran artífice do empate 4-4 cunha afección entregada, que confiaba na gran vitoria e así foi. Renato, a 50 centésimas da bucina, anotou o definitivo 5-4, desde saque de banda, para estalido da Bancada Laranxa.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Porto, Renato, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Luisma, Pope, R. Vargas, Iago Míguez, Juanfran

Soliss FS Talavera: Rafael Luque, Justo Cáceres, Josete, Panucci, Anass, cinco inicial; tamén xogaron Caio Alves, Quique, Sergio González, Jesús Jiménez, Chino

Goles: 0-1, minuto 2, Justo Cáceres; 1-1, minuto 7, Joselito; 2-1, minuto 7, Renato; 2-2, minuto 9, Josete; 2-3, minuto 16, Sergio González, 2-4, minuto 18, Anass; 3-4, minuto 34, R. Vargas; 4-4, minuto 39, Luisma; 5-4, minuto 40, Renato

Árbitros: Sánchez Llorente // Toca Campo (Cantabria). Por Burela amarela a R. Vargas (minuto 36), Edu (minuto 39), Imanol (minuto 40), Renato (minuto 40). Por Talavera amarela a Rafael Luque (minuto 6), Josete (minuto 22) Jesús Jiménez (minuto 32), Anass (minuto 39), Chino (39)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante uns 900 afeccionados/as.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.