08/03/2019

O campión pon a proba o líder en Vista Alegre

O campión pon  a proba o líder en Vista Alegre
As Guerreiras Laranxas defenderán mañá o liderato (54 puntos) de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo en Vista Alegre (18.30 horas) ante o vixente campión da liga, Jimbee Roldán, que chega á bisbarra da Mariña na terceira praza, con 13 puntos de desvantaxe sobre as locais.

“Será un partido complicado. Roldán empezou a liga frouxo, nos primeiros partidos caeu posicións na táboa, pero foi de menos a máis. Agora está en boa forma; está no podio por méritos propios” explicaba Cristina, autora do definitivo 0-3 da semana pasada en Guadalcacín.

A murciana confía nas posibilidades e o traballo das laranxas, aínda que sen alardes: “Non está nada escrito ata final de liga. Hai diferenza de puntos pero nesta liga calquera pode gañar”, así reflexionaba a 5 do Pescados Rubén Burela FS sobre a súa vantaxe na primeira praza ante o Jimbee, aínda que seguido moi de cerca por Futsi (51 puntos), que nesta xornada 20 recibirá o Viaxes Amarelle FSF, na 13ª praza.

En Roldán, as de Julio Delgado e Lucas impuxéronse por 2-5. “Na ida fixemos un partido perfecto e así afrontamos esta cita, con moitísimo respecto ao vixente campión. É un equipo moi completo, con boas xogadoras, pero en Vista Alegre non se nos pode escapar ningún punto”, explicaba a pivote, enconmendándose á “seriedade e concentración”: “Ante calquera oportunidade Roldán pode facer un gol, non vai deixar escapar as súas ocasións, como se cadra si pasou con outros rivais que pasaron esta tempada por Vista Alegre” advertía Cristina, que regresou á lista da Selección Española, xunto ás súas compañeiras Peque e Luci, con motivo do Torno 9 de Maio de Moscova: “Cada vez que se recibe esa chamada é unha ilusión nova; de momento é unha preselección pero volver á campioa de Europa é un luxo? confesaba a xogadora.

A única ausencia será Cilene, por lesión. A última incorporación poderá estrearse en Vista Alegre, tras debutar a semana pasada en Guadalcacín.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Luci

Convocatoria Jimbee Roldán FSF. 4. Bet, 5. Mirian, 8. Mayte Mateo, 11. Alba, 13. Coke, 14. Clara, 15. Etayo, 18. Consu, 20. Ángela, 77. Tere

Homenaxe aos campións de Seleccións

Antes da gran cita, Vista Alegre recibirá a nosas Xoias Laranxas, como campioas galegas de Seleccións defendendo a Lugo Centro: Lola, Iria, Claudia María e Noelía en Alevín Feminino e Fernando Yanes en Infantil Masculino.

Xogo Mahou Cinco Estrelas


Durante o descanso, a cervexeira porá en marcha o xogo de Mahou Cinco Estrelas, no que se premiará a puntería da afección sobre a pista de Vista Alegre. O/a máis acertado/a conseguirá a súa camiseta oficial do Pescados Rubén Burela FS con Mahou.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.