08/03/2019

O Pescados Rubén e Rodiles FS, cada vez máis preto

O Pescados Rubén e Rodiles FS, cada vez máis preto
O Pescados Rubén Burela FS e o club asturiano Rodiles FS están cada vez máis preto. Nas próximas semanas darán un paso máis na súa boa relación a través da formalización dun convenio de colaboración; ambas as entidades reuniranse para pechar os últimos detalles e selar un acordo de traballo conxunto polo fútbol sala en igualdade desde a base.

Desta forma a Familia Laranxa estreitará lazos coa veciña de Asturias, unha comunidade de gran tradición do futsal, e co gran traballo do club de Villaviciosa, cunha escola de nenas de entre 10 e 15 anos, ademais de contar cun conxunto en Segunda División e outro en Rexional. O Rodiles FS e o Pescados Rubén Burela FS de Primeira Galicia xa tiveron a oportunidade de disputar algún amigable e mesmo as Guerreiras Laranxas puideron gozar do apoio da estrutura asturiana desde a bancada de Vista Alegre.

Este pode ser o comezo dunha relación moi frutífera.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.