2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
27/02/2019
A nutricionista Alba Vila e a burelista Ana Romero asesoran sobre alimentación infantil
A nutricionista mariñá Alba Vila estreou un ciclo de charlas sobre alimentación infantil dirixido aos centros escolares da Mariña que se prolongará ata final de curso, coa colaboración da porteira do Pescados Rubén Burela FS Ana Romero, graduada en Nutrición Humana e Dietética.

A escola infantil Galiña Azul de Foz foi o escenario escollido para inaugurar o devandito ciclo a semana pasada baixo o título “Sabemos o que comen os nosos fillos?” e na axenda das próximas semanas xa están pechados varios colexios da bisbarra. “Hai un gran problema de obesidade infantil no noso país. Un neno obeso converterase nun adulto enfermo e gran parte deste problema provén da falta de información sobre os produtos que a industria alimentaria dirixe a nenos e mesmo bebés. O noso obxectivo ata final de curso é chegar o máximo número de pais e nen@s da comarca” explicaba Alba Vila.
Publicidade
X Pechar