2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
21/02/2019
Letonia, próximo destino de Nito con España Sub-19
O xogador xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Néstor Valle Gómez, Nito, xa ten novo destino con España Sub-19. A Xoia Laranxa recibiu a convocatoria da Vermella para participar na concentración programada entre o 3 e o 7 de marzo en Letonia.

Este convértese no terceiro chamamento do burelista coa Selección no que vai de tempada. Nito xa defendeu o combinado español nos seus compromisos en Francia, en agosto de 2018, e Serbia, en xaneiro.
Publicidade
X Pechar