08/02/2019

XA É OFICIAL. Primeiro Convenio de Profesionais do Deporte Feminino en España

XA É OFICIAL. Primeiro Convenio de Profesionais do Deporte Feminino en España
Xa é oficial. A Consellería de Economía, Emprego e Industria comunicou hoxe mesmo que o Convenio de Xogadoras Profesionais do Pescados Rubén Burela FS se axusta a dereito e queda rexistrado oficialmente. Deste xeito, convértese no primeiro Convenio Colectivo de Profesionais do Deporte Feminino en España.

Moitas grazas á Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino por axudarnos a facelo realidade.

Noraboa. Xunt@s somos máis fortes!

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.