31/01/2019

Un Bisontes valente chega a Vista Alegre (sábado 2, 18.30 horas)

Un Bisontes valente chega a Vista Alegre (sábado 2, 18.30 horas)
O Pescados Rubén Burela FS afrontará o sábado o segundo compromiso da semana. A clasificación laranxa de onte para a fase final da XXVIII Copa Galicia, con 2-6 sobre o SD Xove FS en derbi comaral, dá paso á xornada 19 da liga de Segunda LNFS, coa visita do sempre valente Bisontes Castellón.

“É un equipo moi sólido e valente, expón moito ao xogar, e ten xogadores de envergadura” definía así Renato o perfil do rival que saltará ao parqué da Bomboneira o sábado, ás 18.30 horas. O 12 burelista, que abriu o marcador na noite irmandiña e foi autor de 2 das 6 dianas de onte, xa está ao cento por cento outra vez na liga para defender o liderado (42) e esa vantaxe de 3 puntos que mantén sobre Real Betis Futsal e Manzanares FS: “Para min foi moi bonito xogar este partido”, confesaba a Xoia Laranxa que se atopou en Xove fronte a antigos compañeiros da base como Cora, Mini, Pancho, Samuel ou Keko, “pero agora xa toca centrarnos na competición de liga, volveremos esta tarde aos adestramentos pensando só en Bisontes”.

Na primeira volta, Castellón xa foi moi complicado, con vantaxe axustada para os de Juanma Marrube (0-1): “Foi un partido bastante duro, con ocasións polas dúas partes; o porteiro rival estivo moi acertado e chegou o gol que merecíamos na recta final” lembraba o ala. Agora, non o será menos; os levantinos, que chegan na décima praza, teñen mellores números fóra ca na casa, con 14 dos seus actuais 24 puntos, conseguidos a domicilio: “Nesta ocasión, somos un equipo máis consolidado, ademais contamos co novo reforzo de Joselito; sabemos que será difícil, pero sairemos para dalo todo e que queden aquí os tres puntos”, explicaba Renato, confiando na fortaleza e responsabilidade do grupo para seguir na primeira praza.

O cadro de Juanma Marrube volverá aos adestramentos esta tarde e completará a semana mañá pola mañá, en Vista Alegre. O técnico alfocego terá todo o vestiario á súa disposición, a excepción de Pitero, que continúa coa recuperación do seu proceso de pubalxia. Non entrará Porto por decisión técnica.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Luisma, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 23. Imanol CD, 30 Hélder

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.