28/01/2019

Joselito, desde Palma Futsal, reforzo invernal para o soño laranxa

Joselito, desde Palma Futsal, reforzo invernal para o soño laranxa
O Pescados Rubén Burela FS dá un paso máis na súa aposta polo gran soño laranxa. O ala gaditano José Antonio Macías Pérez, Joselito, chega como reforzo invernal do líder de Segunda LNFS en calidade de cedido, desde o Palma Futsal. Ambas as entidades, unidas por unha excelente relación, chegaron a este acordo, ata final de tempada.

Aos seus 26 anos, Joselito recala nas filas mariñás cunha mestura explosiva de mocidade e dilatada experiencia en Primeira División, no club insular, desde idade xuvenil.

Esta tarde, coñeceremos as primeiras sensacións de Joselito en Burela, na súa presentación oficial.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.