21/12/2018

Peche da primeira volta e de 2018 en Barcelona

Peche da primeira volta e de 2018 en Barcelona
O Pescados Rubén Burela FS pechará a primeira volta e o ano 2018 mañá na pista do FC Barcelona B (Joan Gamper, 16.00 horas). Os de Juanma Marrube defenderán a súa imbatibilidade e o cume de Segunda LNFS (34 puntos) ante un rival sempre perigoso, que ocupa a quinta praza, con 24 puntos.

“Sabemos que é unha pista difícil coa fortaleza dun filial, cun cadro renovado, pero sempre perigosa, con moita mocidade e talento” advertía unha das Xoias Laranxas, Hélder, encargado de abrir o electrónico a semana pasada na vitoria fronte a Axa Fita Port Elche (4-2).

Segundo adiantaba o 30 burelista, a escuadra vai concienciada para medirse a un “equipo moi agresivo”: “Incidimos moito durante estes días na saída de presión porque é un equipo que aperta moito arriba e cremos que co xogo de 3-1 será como fagamos máis dano” explicaba Hélder.

“Esperamos acabar a primeira volta na primeira praza e regresar en 2019, estreando a segunda, con máis ganas. Sería un golpe anímico e clasificatorio” explicaba o xogador laranxa, mirando sempre ao arquirrival ata o momento Real Betis Futsal (32 puntos), que visitará o Gran Canaria (décimo, 18 puntos) nesta 15ª xornada.

O equipo realizou o último adestramento de 2018 esta mañá, ás 11.00 horas, na Cidade Deportiva Joan Gamper. Non entrará na convocatoria Imanol, por molestias nun xeonllo; no seu lugar estará o xuvenil José Luis Vázquez.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 19. Jose, 30. Hélder

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.