14/12/2018

Vista Alegre pecha 2018 ao grande

Vista Alegre pecha 2018 ao grande
Sen tropezo. Vista Alegre pechou o ano 2018, coa penúltima xornada da primeira volta de Segunda LNFS ao grande, cunha nova vitoria que mantén os de Juanma Marrube unha semana máis no cume. Os mariñáns tiveron que armarse de paciencia para superar un correoso Axa Fita Port Elche CF (4-2) cunha boa defensa.

Logo duns compases iniciais dos ilicitanos merodeando a área de Edu sen perigo, os laranxas adiantaron filas para facerse donos do esférico. Avisaron no minuto 5, cun disparo alto que despexou Kike por arriba; nas seguintes chegadas, no 6, de Porto e Lucho, volveu saír airoso o meta ilicitano. Superado o ecuador do primeiro acto, Juanfran, en carreira, e Luisma, tras contra iniciada por Lucho volveron poñer a proba a meta visitante, sen éxito. Nos minutos 15 e 16 viviron os de Carlos Sánchez as súas mellores ocasións. Volveu á carga a escuadra burelista. Juanito rexeitou a tentativa de Lucho, Matamoros estrelouna contra o pau e por fin chegou o ansiado gol, a falta de 48 segundos para o descanso, nas zapatillas dunha das Xoias Laranxas, Hélder, aproveitando un erro defensivo do rival.

Cunha marcha máis por ambos os lados volveu a xornada 14 á pista. Lucho ampliou a fenda dos mariñáns no 22. Tras a lesión de Rubi, os visitantes dispuxeron de dúas boas ocasións nas súas primeiras chegadas; o pau evitou a primeira e Edu a segunda, por arriba. Perdoaron entón os de Juanma Marrube, con Pitero nunha recuperación na área de Elche e R. Vargas, cun balón que se paseou pola liña de meta, logo de quedar case ángulo. Chegou unha nova oportunidade para distanciarse no electrónico, no 26, coa segunda amarela de Kiwi. Porto, no 28, puxo en pé á Bancada Laranxa, pero Kike salvouna in extremis. Resistiuse a rede para os da Mariña e os de Carlos Sánchez aproveitaron de estratexia para reducir distancias, no 29, de Paco Morillas. No 33, Juanito tivo nos seus pés una de ouro para igualar a contenda cun balón que se foi desviado e aí si que conseguiron aproveitar os burelistas. R. Vargas plantouse diante de Kike; o porteiro tocoulle pero non puido evitar a traxectoria do 3-1.

No 36, Edu estivo moi atento para frear a Paco Morillas. Tras o tempo morto, a falta de dous minutos e medio, Elche apostou por xogo de cinco, con Kike adiantado. Na primeira xogada, Juanito puxo o 3-2. Tívoa pouco despois Lucho a porta baleira, sen éxito. De lonxe, Juanito, de novo, puido anotar o empate, pero aí estaba Edu para salvala. Volveu o Pescados Rubén a axexar a porta baleira, pero o pau evitouna; na tentativa de bloquear a Hélder no rexeite chegou a sexta dos visitantes e Matamoros sentenciou o 4-2 de dobre penalti con 36 segundos para a bucina. Reacción: Os xogadores de Elche sacaron de centro e quedaron quedos na pista os últimos segundos, tras a vermella a Juanito e a expulsión de Rubi, coa segunda amarela.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Pope, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Hélder, Pitero, Porto, Juanfran, Matamoros

Axa Fita Port Elche: Kike, Rubi, Adrián, Héctor, Kiwi, cinco inicial; tamén xogaron Juanito, Iborra, Paco Morillas, Vicent Valdés

Goles: 1-0, minuto 20, Hélder; 2-0, minuto 22, Lucho; 2-1, minuto 29, Paco Morillas; 3-1, minuto 33, R. Vargas; 3-2, minuto 38, Juanito; 4-2, minuto 40, Matamoros (dobre penalti)

Árbitros: Carrión Álvarez // Romero Candea (Castela A Mancha). Por Elche amarela para Kiwi (minuto 19 e 26), Kike (minuto 28), Adrián (minuto 34), Rubi (minuto 23 e 40), vermella a Juanito (minuto 40)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante unhas 700 persoas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.