08/12/2018

A Bomboneira recupera a senda triunfal das líderes de Primeira

A Bomboneira recupera a senda triunfal das líderes de Primeira
A Bomboneira recuperou a senda triunfal do Pescados Rubén Burela FS que segue liderando a táboa de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo grazas ao 5-1 sobre AD Alcorcón FSF. As pupilas de Julio Delgado e Lucas deron un golpe sobre a mesa tras o descanso co terceiro tanto despois da vantaxe de 2-0 e ofreceu unha gran defensa no cinco para catro aproveitando as ocasións para ampliar distancias.

Aos 54 segundos do inicio, Dany, na primeira chegada do equipo baixo paus de Belén, subiu o 1-0, aproveitando un balón morto. O Alcorcón respondeu cun claro perigo de Ballesteros, que resolveu brillantemente Ana Romero; a meta burelista non se amilanou nas tentativas visitantes. E así volveron á carga as de Julio Delgado; Jenny, no 9, asinou o 2-0, culminando un contragolpe a pase de Cristina. A tan só 16 segundos para o ecuador da primeira parte, Cristina puxo en pé á Bancada Laranxa, cunha vaselina que chocou contra o largueiro e caeu sobre a liña de meta. As laranxas aplicáronse para frear a un rival que foi agresivo en defensa e a partir de aí foi medrando. Belén evitou a tentativa de Dany no 16 e de novo a 3 burelista serviulle a Peque, cunha vaselina que se foi alta, no 17.

Repetiuse o guión de inicio. Aos 58 segundos do regreso de vestiarios, o Pescados Rubén volveu ver portería con Jenny en acción individual. No 26, o Alcorcón reduciu nun descoido das filas burelistas que aproveitou Paula Llorente na área laranxa. Apostou entón o conxunto madrileño por xogo de cinco para ir a polo partido. Peque evitou o segundo das alfareiras en liña de meta a tentativa de Ana Rivera; roldaba o minuto 29. E foi a 7 laranxa a encargada de subir o 4-1, nunha recuperación burelista na que gañou a batalla Peque sobre Pipi para marcar a porta baleira (minuto 31). Aínda non transcorrera un minuto cando de novo a pivote internacional asinaba o quinto, de novo a porta baleira, nun roubo en cancha local. A falta de 12 segundos Dany aínda dispuxo doutra sen meta, que se foi desviada.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Peque, Jenny, cinco inicial Luci, Alves, Cilene, Lara Balseiro,

AD Alcorcón FSF: Belén de Uña, Isa García, Ballesteros, Irene Samper, Vane Sotelo, cinco inicial; tamén xogaron Duco, Pipi, Ana Rivera, Aida, Paula Llorente, Cyn Romano

Goles: 1-0, minuto 1, Dany; 2-0, minuto 9, Jenny; 3-0, minuto 21, Jenny; 3-1, minuto 26, Paula Llorente; 4-1, minuto 31, Peque; 5-1, minuto 31, Peque;

Árbitros: Amor Vizoso // García Salinas (Galicia). Por Burela amarela a Lara (minuto 19), Peque (minuto 20). Por Alcorcón amarela a Paula Llorente (minuto 37), Pipi (minuto 39), Ana Rivera (minuto 34)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.