01/12/2018

O Clásico queda en La Estación pero o Liderato segue sendo Laranxa

O Clásico queda en La Estación pero o Liderato segue sendo Laranxa
O Clásico de Primeira quedou en La Estación co 5-2 para o Futsi Atlético Navalcarnero e a primeira derrota do Pescaos Rubén, nunha cita na que as mariñás mereceron máis antes do descanso. A pesar do resultado da xornada 10, o liderado segue tendo brillo laranxa, con vantaxe de 1 punto sobre as madrileñas.

Nunha cita moi equilibrada, foi o Futsi o que se adiantou no minuto 4 con Ari, nun centro ao segundo pau de Anita Luján. Contestou o Pescados Rubén empatando no minuto 13, nun gran gol de Peque gañándolle as costas á defensa local nun balón longo. Demasiado castigo para o vivido na primeira parte: Bruna subiu o 2-1 no 18 aproveitando un repregamento.

As laranxas non conseguiron a intensidade necesaria tras o descanso; o gol de Amelia, xa no minuto 24, de cabeza, desde saque de banda, fixo ferida nas filas burelistas. Sen ocasións claras para reducir distancias, Julio Delgado optou por xogo de cinco. Pero as locais ampliaron a fenda de penalti, de Ari, tras a expulsión de Cami. Nos últimos segundos, Amelia volveu ver portería con resposta de Luci para subir o definitivo 5-2, en roubo de balón.

Ficha técnica

Futsi Atlético Navalcarnero: Marta Balbuena, Ari, Leti, Ju Delgado, Amelia, cinco inicial; tamén xogaron Marta Pelegrín, Anita Luján, María Sanz, Bruna

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Cami, Luci, Alves, Ana Romero, Lara Balseiro

Goles: 1-0, minuto 4, Ari; 1-1, minuto 13, Peque; 2-1, minuto 18, Bruna Franklin; 3-1, minuto 24, Amelia; 4-1, minuto 36, Ari (penalti); 5-1, minuto 40, Amelia; 5-2, minuto 40, Luci

Árbitros: Celador Hernández // Cubero García. Por Futsi amarela a Ju Delgado (minuto 31). Por Burela amarila a Dany (minuto 37) e vermella a Cami (minuto 35)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en La Estación.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.