27/11/2018

Día do Socio para Córdoba. Invita a un amigo

Día do Socio para Córdoba. Invita a un amigo
Este sábado, 1 de decembro, Vista Alegre gozará do Día do Socio, coincidindo coa visita do Córdoba CF Futsal, oitavo clasificado (18.30 horas), para a xornada 12 de Segunda LNFS.

Cada soci@ laranxa será agasallado cunha invitación para asistir ao encontro cun acompañante. Tan só terá que pasar pola sede burelista para recollela dende hoxe ata o venres ás 14.00 horas (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta).

Horario de atención: Martes, Mércores, Xoves 10.00-14.00 // 16.00-19.00

Venres 10.00-14.00

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.