24/11/2018

Traballado empate en Talavera (2-2), que mantén a imbatibilidade laranxa

Traballado empate en Talavera (2-2), que mantén a imbatibilidade laranxa
O Pescados Rubén Burela FS regresa imbatible de Talavera nun traballado empate (2-2) que lle permite manterse no cume de Segunda LNFS igualado a 25 puntos con Betis Futsal tras a vitoria dos andaluces 8-2 no derbi con Córdoba. “Sabiamos que viñamos a unha cancha moi complicada dun equipo con experiencia, cun gran potencial na categoría, e con este empate mantémonos invictos, algo moi importante na nosa liña de traballo. Ofrecemos unha mellor primeira parte, xerando máis ocasións, aínda que non conseguimos poñernos por diante ata o segundo período. Aí, con 1-2, non soubemos xestionar a vantaxe e púidose ver o peor Burela do encontro” analizaba Juanma Marrube tras a cita.

Os galegos tiveron que remar en contra do marcador co rápido gol de Jesús Jiménez, no minuto 3, de falta, e marcharon ao descanso con 0-1, tras unhas magníficas ocasións, entre as que destacaron as de Juanfran, no 16, ao segundo pau e Matamoros, no 17, contra o largueiro. Renato conseguiu dar a volta ao luminoso nos primeiros cinco minutos do reinicio, culminando unha transición rápida primeiro e despois nunha falta, que tocou en Josete, antes de entrar. Sergio asinou o empate no 36, nunha xogada de ataque posicional.

Compromiso irmandiño, o martes

Os pupilos mediranse o martes ao UV Ventorrillo FS (20.45 horas), de Segunda B, en oitavos de Copa Galicia.

Ficha técnica

Soliss FS Talavera: Gonzalo, Asensio, Panucci, Anass, Sergio, cinco inicial; tamén xogaron Justo Cáceres, Quique Hernando, Josete, Jesús Jiménez, Caio Alves

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Varga, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Juanfran, Luisma, Matamoros, Porto

Goles: 1-0, minuto 3, Jesús Jiménez; 1-1, minuto 24, Renato; 1-2, minuto 25, Renato; 2-2, minuto 36, Sergio

Árbitros: Castillo López // Martínez Martínez. Por Talavera amarela a Jesús Jiménez, Sergio, Anass, Josete. Por Burela amarela para Luisma.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Segunda LNFS disputado no Primero de Mayo de Talavera. Os mariñáns luciron a segunda equipación, negra, Contra as Violencias de Xénero polo 25N.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.