09/11/2018

Pope: 'Rivas sempre pon as cousas difíciles na súa casa'

Pope: 'Rivas sempre pon as cousas difíciles na súa casa'
O Pescados Rubén Burela FS defenderá o seu privilexio na primeira praza de Segunda División na complicada pista do Rivas Futsal o domingo; a cita no Parque Sureste pechará os enfrontamentos da xornada 9, ás 12.30 horas. “Será un partido moi difícil, sabémolo, malia que a clasificación poida levarnos a enganos, xa que o rival aínda non está moi ben situado. Xogaremos nunha pista de goma, á que non estamos afeitos, pequeñita, coa xente apoiando; Rivas sempre pon as cousas moi difíciles na súa casa. Teremos que dalo todo para sacar algo positivo", explicaba Sergi Orgillés, Pope, dun rival que a undécima praza (10 puntos)

O 14 laranxa incide na fortaleza do equipo madrileño como local: “Gañou dous partidos e perdeu outros dous, pero foi pola mínima, son moi fortes na casa. O ano pasado xa nos custou moito sacar os tres puntos alí, con 2-3” facía así balance o peche burelista da traxectoria do rival e do seu último enfrontamento en Madrid.

“Ten un xogo moi rápido, de continuas idas e vindas, que pode derivar no descontrol; se se poñen por diante no marcador o seu ataque cobra máis eficacia e confianza”, advertía Pope, apelando á esencia defensiva e orde do Pescados Rubén Burela FS para seguir no liderado, con ética de traballo e carácter: “Temos que manternos sólidos en defensa; ante Manzanares desconectamos un minuto e encaixamos dous goles, iso non pode pasar. Temos que seguir defendendo como o estamos facendo e a partir de aí o ataque vén só”, recordaba o catalán, facendo referencia ao empate (2-2) da semana pasada.

Na segunda tempada de Pope custodiando a camisola laranxa, os números e as sensacións avalan o seu gran traballo. Con pleno de titularidades ata o momento en liga, é un dos máximos artilleiros do equipo, con 4 dianas, xunto a Juanfran e Renato, e por detrás das 5 de Matamoros: “Xa o comentei con Juanma en varias ocasións, atópome moi ben, estou moi cómodo xogando, coa base e a experiencia do ano pasado. Atópome coma nacasa”, recoñecía o peche.

O equipo, que partirá mañá ao mediodía cara a terras madrileñas, ten programada a última sesión da semana para esta tarde, ás 16.00 horas, en Marzán.

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 23. Imanol CD, 30. Hélder

Rivais directos


Tan só 3 puntos separan a primeira praza de Pescados Rubén da sexta do Manzanares. Os pupilos de Juanma Marrube xogarán o domingo coñecendo xa o desenlace de todos os seus rivais, con enfrontamentos o sábado. Con 17 puntos, Mengíbar, na segunda praza, visita o Elche (oitavo, 12 puntos). Con 16, ElPozo Ciudad de Murcia e Betis Futsal tamén teñen compromisos a domicilio, nas pistas de Noia Portus Apostoli (penúlitmo, 5 puntos) e Colo Colo Zaragoza (duodécimo, 9 puntos). Para rematar, con 15 puntos, Talavera recibe a Tenerife (pechacancelas, 0 puntos) e Manzanares viaxa a Santiago (antepenúltimo, 7 puntos).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.