08/11/2018

O Penya Esplugues chega a Burela ao axexo do liderado (domingo 11, 12.00 horas)

O Penya Esplugues chega a Burela ao axexo do liderado (domingo 11, 12.00 horas)
O Pescados Rubén Burela FS recibirá na xornada 7 o Penya Esplugues, que chega a Burela axexando o liderado laranxa, a tan só 2 puntos e empatado co Atlético de Madrid. O fútbol sala de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo cambia o seu horario habitual en Vista Alegre debido á celebración dos XXII Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia ao longo da xornada do sábado.

Dende a terceira praza, as catalás recalarán na bisbarra con moitas ganas de recuperar os tres puntos, despois dun arranque soberbio, sen erros, que se freou a semana pasada co empate ante Jimbee Roldán (1-1). As mariñás agardarán este duro desafío avaladas por unha traxectoria impoluta ata o momento, repetindo como locais tras o traballo triunfo do sábado pasado ante o Leganés Masdeporte (2-0): “A concentración está sendo plena no traballo desta semana; estamos traballando en estratexias e na marcaxe do rival. A súa posición na táboa xa o di todo, pelexa polo título e temos que estar ao cento por cento para que os tres puntos queden na casa” avisaba a última incorporación, a brasileira Tai Alves, que se confesou moi cómoda na súa estrea no fútbol sala español: “Síntome moi ben, cada vez adestro mellor, entendéndome mellor coas compañeiras e con Julio; só teño palabras de agradecemento para todos” explicaba a 11 laranxa, con 4 partidos de liga e 1 de Copa Galicia como experiencia no periplo do Pescados Rubén.

As pupilas de Julio Delgado e Lucas completarán os adestramentos da semana con 2 sesións, hoxe ás 19.00 e mañá ás 11.00 horas, en Vista Alegre.

Zona Infantil e partidiño de Biberóns

Como vén sendo habitual, a Zona Infantil de Vista Alegre estará aberta dende media hora antes do partido, con inchables e obradoiros de manualidades. Durante o descanso, as promesas máis noviñas da Escola Laranxa deleitarán o público da Bomboneira cun partidiño.

O terceiro en discordia

Na pelexa pola primeira praza, o Atlético de Madrid (16 puntos) disputará o derbi madrileño na pista do Móstoles FSF, oitavo (7 puntos).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.