10/10/2018

Primeiro paso en Copa do Rei con 0-6 sobre Prone

Primeiro paso en Copa do Rei con 0-6 sobre Prone
O Pescados Rubén Burela FS deu o primeiro paso onte na Copa do Rei con vitoria rotunda 0-6 sobre o Prone Lugo, de Segunda B. “Expuxemos un partido moi serio, non subestimados o rival, e ao final as cousas saíron ben” valoraba o murciano Juanfran, nunha cita que sentenciaron os mariñáns na segunda parte, en menos de 10 minutos, tras o 0-1 ao descanso, de Porto.

“Tivemos todo o peso do xogo e as ocasións practicamente foron nosas, pero ata a segunda parte non conseguimos materializalas con máis solvencia” recordaba o 11 burelista, autor de 2 tantos, xunto á contribución de Pope, Luisma e unha nova aparición do ex do Prone, Porto.

Na súa primeira tempada de laranxa, o ala murciano séntese cada vez mellor e afinado de cara a portería; xa ostenta na súa cuadrícula 2 dianas en liga e dobrete en Copa do Rei: “Conforme pasan as semanas, cada vez enténdeste mellor cos compañeiros. Como equipo temos moi claro o noso xogo, pero os detalles individuais e en cohexión co compañeiro nótanse cada vez máis. Os goles son etapas, espero que esta dure o máximo posible, e cando non cheguen os goles axudarei os demais compañeiros para que o fagan”, concluía Juanfran.

Ficha técnica

Prone Lugo AD: David, Miguilla, Manu, Pablo, Maira, cinco inicial; tamén xogaron Luis, Guizan, Magic, Marcos, Bruno, Ferreira, Mera

Pescados Rubén Burela FS: Imanol CD, Porto, Juanfran, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Loito, Luisma, Pitero, R. Vargas, Adilson, Aarón.

Goles: 0-1, minuto 10, Porto; 0-2, minuto 31, Pope; 0-3, minuto 32, Juanfran; 0-4, minuto 36, Luisma; 0-5, minuto 37, Porto; 0-6, minuto 40, Juanfran

Árbitros: Carreira Romero (A Coruña) // Amor Vizoso (Ferrol). Por Prone amarela a Manu. Por Burela amarela a R. Vargas.

Incidencias: Partido correspondente á primeira eliminatoria de Copa do Rei disputado no pavillón municipal de Lugo.


Xunto a Pescados Rubén, catro equipos de Segunda División, Software DELSOL Mengíbar, Santiago Futsal, Rivas Futsal e Gran Canaria FS, e outros catro de Segunda División B, Leganés FS, Nova Elda FS, Palleja FS e Tenerife Iberia Toscal, lograron o seu pase á segunda rolda. Cinco equipos máis completarán hoxe a lista definitiva de clasificados.

O sorteo para a segunda eliminatoria, tamén por proximidade xeográfica, está programado para mañá.

Resultados provisionais da primeira eliminatoria

Tenerife Iberia Toscal 4-1 Dimurol Salesianos Tenerife

Augas de Teror 0-3 Gran Canaria FS

Xerez DFC Toyota Nimauto-Real Betis Futsal

UD Coineña FS-Córdoba Futsal

CDE Melistar 2-3 Mengíbar

Prone Lugo AD 0-6 Pescados Rubén Burela FS

CFS Zamora 3-4 Santiago Futsal

Club Deorcyl Guardo FS-Noia Portus Apostoli

Nueva Elda 4-1 Manzanares

Leganés FS 4-3 CDBFS Talavera

Lauburu KE Ibarra 1-2 Rivas Futsal

Manresa FS- Colo Colo

Pallejá FS 4-2 Bisontes Castellón

Club Esportiu-Elche CF

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.