09/10/2018

A ala brasileira Tais Alves, reforzo nas filas laranxas

A ala brasileira Tais Alves, reforzo nas filas laranxas
A ala brasileira Tais Alves Dias Pinto chega á Mariña para reforzar as filas laranxas. A xogadora, de 26 anos, foi presentada oficialmente esta mañá polo Pescados Rubén Burela FS arroupada polo presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego.

“Parecíame que era o momento de novos desafíos. Recibín varias propostas pero déronme moi boas referencias do Burela que me axudaron a decidir a dar o salto” explicaba emocionada Alves, que vivirá a súa primeira experiencia deportiva fóra do Brasil no equipo de Julio Delgado e Lucas, despois de defender as cores do Ituano durante seis tempadas. No entanto, para a 11 burelista, non será todo novo no seu novo periplo, posto que xa coñecía a Cami, Dany e Cilene: “Todas me recibiron cos brazos abertos, estanme axudando, brasileiras e españolas, e o trato está sendo moi bo”, confesaba a nova laranxa, que xa tivo a oportunidade de coñecer as súas compañeiras e velas xogar: “É un equipo competitivo e forte; espero que este ano estea cheo de vitorias porque creo que o conxunto o merece”.

Alves chega disposta a “dar o mellor de min e pelexar por todos os títulos”. “Son competitiva, sacrificada e con boa cobertura. Vou axudar en todo o que poida, con toda a miña vontade”, puntualizaba.

A ala brasileira convértese na cuarta incorporación do proxecto 2018-19, tras a chegada das internacionais Peque, Cris e Luci en pretempada. A xogadora estará a disposición do equipo de Julio Delgado e Lucas cuando os trámites burocráticos así o permitan.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.