06/10/2018

Os de Juanma impóñense no duelo de defensas de Castellón (0-1)

Os de Juanma impóñense no duelo de defensas de Castellón (0-1)
Os de Juanma Marrube regresan esta noite da xornada 4 de Segunda encadeando a súa segunda vitoria, a primeira a domicilio, nun duelo espectacular de defensas que inclinou Juanfran para a balanza dos laranxas a falta de dous minutos para o final, de estratexia.

O primeiro período transcorreu con poucas ocasións en ambas as filas, con máis traballo para a meta local que para Edu. Os galegos perdoaron demasiado en situacións dun contra o porteiro e nun par de transicións rápidas. Tal e como esperaba, o Pescados Rubén Burela tivo que ofrecer a súa mellor versión sendo fiel aos seus sinais de identidade mostrándose moi sólido ante un rival compacto. Juanfran brindou a posibilidade de pelexar polos tres puntos no minuto 38, a saque de esquina de Renato. Os locais foron polo partido acto seguido con David como porteiro-xogador; só Txema creou perigo sobre a meta de Edu, con boa reacción do naronés, que conseguiu pechar a cita con portería a cero.

Ficha técnica

Bisontes Castellón FS: Nacho, David, Pipi, Juanito, Lluc, cinco inicial; tamén xogaron Diego, Txema, Genís, Lorca

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Juanfran, Pitero, Luisma, Porto

Goles: 0-1, minuto 38, Juanfran

Árbitros: García Ribeira // Simón Benet (Colexio Catalán). Por Castellón amarela para David

Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Segunda LNFS disputado no Ciudad de Castellón

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.