27/08/2018

R. Vargas: 'O Pescados Rubén é un bo club para seguir medrando,por equipo e por traballo'

R. Vargas: 'O Pescados Rubén é un bo club para seguir medrando,por equipo e por traballo'
O onubense Ramón Vargas Pérez cruzou toda España para apostar polo Pescados Rubén Burela FS esta prometedora tempada, logo de defender o Levante UD FS, de Primeira, en 2017-18. “Non é esforzo se che gusta o fútbol sala e de nivel. O Pescados Rubén é un bo club para seguir medrando por equipo e pola súa forma de traballar” aseguraba o novo 15 laranxa, aos seus 20 anos, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis Guillén.

O andaluz viu portería por partida dobre no primeiro compromiso oficial do novo Pescados Rubén Burela FS, en dezaseisavos de Copa Galicia ante o Ribeira FS, que se selou con 1-6 a favor dos da Mariña, con tantos tamén de Matamoros, Porto, Pitero e Juanfran: “Foi un paso máis na adaptación de todos ao sistema que quere Juanma. Desde o primeiro momento eramos todos conscientes de ir gañar o partido dada a diferenza de categoría pero tiñamos que reafirmalo na pista” confesaba así R. Vargas a súa comodidade na pista e na súa nova casa: “Os primeiros días custáronme un pouco pero agora xa estou cómodo no equipo e en Burela. Temos un bo grupo, estou moi ben cos compañeiros e este ano podemos facer cousas bonitas seguindo así de unidos” explicaba con ilusión o ala, gratamente sorprendido “coa proximidade e as atencións de toda a estrutura do club cara á miña persoa”.

R. Vargas ten o obxectivo claro: “Non fago 1000 quilómetros para ser segundo ou terceiro, veño para aportar o meu graniño de area e axudar na faceta que sexa para o ascenso, aínda que loxicamente cos pés no chan, partido a partido”.

“Son unha persoa graciosa. Gústame gozar na pista, gozar cos meus compañeiros e así transmitírllelo aos afeccionados. O que teño é o un para un, gústame facer xogar o equipo, crear e facer xogadas bonitas” así mostraba a súa carta de presentación R. Vargas invitando a toda a afección a compartir o estreo do equipo en Vista Alegre, esta semana co Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 setembro), xunto a Palma Futsal, Santiago Futsal e Noia Portus Apostoli.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.