22/08/2018

Animada pretempada para os Cadetes

Animada pretempada para os Cadetes
A categoría Cadete do Pescados Rubén Burela FS comezou esta semana cos adestramentos dunha pretempada que se presenta moi animada. O conxunto de Mario Pillado e Christian Fustes xa viaxará esta fin de semana para gozar xunto ao equipo xuvenil do III Torneo Valladolid Cidade do Deporte (25 e 26 de agosto).

Antonio Baltar, Jorge Quelle, Isaac Regueira, Víctor Rodríguez, Brais Penelo, Simón Villarquide, Edmilson Correia, Jocel de Brito, Miguel Fernández, Daniel Sánchez, Guzmán Fernández, Pedro Sobrado, Xosé López, Isaías Fidalgo, Francisco Sánchez, Fode Sarr, Manuel Rivas, Nelson Sanches e Yorel Ladra comporán os equipos cadetes que volverán competir en Liga Norte Galega (calendario adxunto) e Deporte Escolar.

O Cidade de Oviedo, o 1 de setembro, e Guitiriz, o día 8, serán os seus destinos antes de internarse nos compromisos ligueiros, con inicio previsto para a Liga Norte a mediados de setembro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.