16/08/2018

Edu: 'Con este equipo podemos ser ambiciosos'

Edu: 'Con este equipo podemos ser ambiciosos'
Un dos grandes baluartes do Pescados Rubén Burela FS, Eduardo Saavedra Cebreiro, volverá capitanear a nave laranxa nunha tempada que se presenta con emoción e sobre todo con ambición: “Estou orgulloso de seguir defendendo esta camiseta e de poder axudar a Burela a volver a Primeira División, que é o obxectivo de todos. As sensacións son boas; tanto polas as referencias que tiñamos das incorporacións coma pola base importante do ano pasado. Con este equipo podemos ser ambiciosos; temos equipo para estar arriba e incluso ser campións” explicaba o naronés, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez.

“Estamos ás ordes de Juanma para traballar e chegar nas mellores condicións posibles ao comezo de tempada”, explicaba o 1 burelista, na súa undécima pretempada na Mariña, antes do primeiro test, esta tarde no concello asturiano da Veiga: “O equipo ten moitas ganas de empezar despois de dúas semanas de traballo. Afrontamos a cita como unha aprendizaxe tanto por parte dos novos, de asimilación de esquemas de Juanma en estratexia e xogo, coma dos que xa somos veteranos en Burela, para afianzar o traballo. Será un torneo bonito coa motivación de Boal, por ser o anfitrión, e O Parrulo, que sendo un equipo de Primeira División nos porá as cousas difíciles”.

Debut en Vista Alegre, Torneo Burela Bonita

Edu tamén ten marcado no calendario, como no podía ser doutro xeito, a presentación no mausoleo laranxa, co III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro): “Vai ser unha proba bastante boa. Palma Futsal vai ser un equipo dos de arriba de Primeira, Noia reforzouse ben e Santiago fala por si mesmo, coa súa filosofía. Vai ser un torneo bonito e animo a xente a que nos veña acompañar na nosa presentación en Vista Alegre”, concluía Edu, un dos grandes ídolos da Bancada Laranxa.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.