09/07/2018

Pitero dá un paso adiante

Pitero dá un paso adiante
O ata agora xuvenil Christian Rivas García (Burela, 1999), máis coñecido como Pitero, incorporarase ao equipo de Juanma Marrube en 2018-19, xa como xogador sénior do Pescados Rubén Burela FS.

Despois de alzarse co título de Liga de División de Honra Xuvenil nas últimas dúas tempadas e cun ano de experiencia xa traballando na dinámica do conxunto de Segunda LNFS, para Pitero comeza unha nova etapa de crecemento e formación repleta de posibilidades no futsal. “É un xogador polivalente, con vivencias tanto na Selección Galega coma na Española. Pitero é o exemplo de que con traballo e compromiso se pode dar o salto dende a base” explicaba o presidente laranxa, Manuel Blanco.

Pitero despediuse da categoría xuvenil a semana pasada como campión do Memorial Heroes do Orzán 2018 da Fundación Imdecum.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.