30/06/2018

Edu renova como talismán baixo paus

Edu renova como talismán baixo paus
Eduardo Saavedra Cebreiro, outro dos grandes bastións do Pescados Rubén Burela FS, formalizou esta semana a súa continuidade para a vindeira tempada. O meta naronés, que comparte as responsabiliades da capitanía con Matamoros, superará a década defendendo a rede burelista, a sétima exta campaña nesta segunda etapa.

Co 1 burelista, o club laranxa dá por pechado o apartado de renovacións para 2018-19. “Edu é un deportista da casa e toda unha referencia tanto nas pistas coma no vestiario; poucas persoas coñecen tan ben a nosa estrutura e idiosincrasia” valoraba así o presidente, Manuel Blanco, o seguimento do porteiro no novo proxecto de Juanma Marrube xa moi avanzado, con seis continuidades e cinco incorporacións, polo momento.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.