29/06/2018

Jenny e Cami tamén se apuntan ao proxecto laranxa

Jenny e Cami tamén se apuntan ao proxecto laranxa
A ala portuguesa Jennifer Santos Rodrigues formará parte do proxecto laranxa de 2018-19. Xunto á renovación de Jenny, de 25 anos, que se incorporou ao Pescados Rubén Burela FS no pasado mes de marzo, tamén defenderá a camisola mariñá a vindeira tempada o outro reforzo de inverno, a peche brasileira Camila Gadeia Silva, de 28 anos, con contrato en vigor.

“As dúas xogadoras integráronse moi ben na forma de traballo e na dinámica do equipo; coa súa chegada o equipo deu un paso adiante” reflexionaba o presidente, Manuel Blanco, destacando a intensidade defensiva e o desborde de Jenny e a forza e pegada de Cami.

Con elas, o club burelista referenda a continuidade do bloque de 2017-18, xunto a Cilene, Jozi, Ana Romero, Dany, Bea Mateos e Lara, á espera dalgunha incorporación.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.