27/06/2018

O lugués Porto, cuarta incorporación laranxa

O lugués Porto, cuarta incorporación laranxa
José Antonio Capón Lamas (Lugo,1997), máis coñecido como Porto, será xogador do Pescados Rubén Burela FS a vindeira tempada. O ala, procedente do Prone Lugo, será a cuarta incorporación do cadro de Juanma Marrube, xunto ao peche Lucho e o ala Vargas, dende o Levante UD, e Juanfran, dende Naturpellet Segovia.

“É un xogador galego cun futuro prometedor; a pesar da súa xuventude, xa posúe experiencia na categoría. É un perfil de xogador que se adaptará moi ben ao proxecto” loaba así Manuel Blanco, o presidente burelista, a chegada do lugués, de 21 anos, formado na base do Azkar Lugo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.