22/06/2018

Bea Mateos: 'Estou desexando operarme para comezar a recuperación canto antes'

Bea Mateos: 'Estou desexando operarme para comezar a recuperación canto antes'
A capitá Bea Mateos será outra das pezas na engrenaxe laranxa de 2018-19, aínda que o seu salto ás pistas non poderá coincidir co inicio de tempada. A final da Copa de España Cádiz pasoulle unha dolorosa factura á salmantina, con rotura de ligamento cruzado anterior, escordadura de ligamento lateral interno e rotura de menisco, aínda que todas as mostras de agarimo e ánimo axúdanlle a afrontar con ganas o proceso para reincorporarse ao conxunto.

“Estou desexando operarme para comezar a recuperación canto antes. A miña intención é poder volver en decembro para axudar ao equipo, aínda que son consciente de que hai que ir aos poucos, porque acelerar as cousas non serve de nada” aseguraba a 14 mariñá agradecendo todo o apoio recibido: “Desde ese domingo sentinme moi arroupada non só pola miña familia e a xente de Burela senón que tamén recibín moitas mensaxes de rivais. Isto sóbeme a moral para levar mellor os meses que me quedan por diante”, dicía Bea Mateos.

Coa ala-peche xa son cinco as renovacións do Pescados Rubén Burela FS, xunto a Cilene, Jozi, Ana Romero e Dany, como “un dos baluartes do vestiario achegando veteranía e liderado” puntualizaba Manuel Blanco, presidente do club.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.