10/06/2018

Sempre Guerreiras

Sempre Guerreiras
O Pescados Rubén Burela FS finalizou esta mañá a súa xesta en Copa de España Cádiz 2018 como subcampión, con 2-4 fronte ao Atlético Navalcarnero. O cadro laranxa, que non puido contar con Sara Correia por unha escordadura de nocello, pelexou ata o final coa súa incansable garra, facendo fronte ás baixas de Jenny e Bea Mateos nos últimos minutos.

Adiantáronse as madrileñas no minuto 6, cun disparo de Ju Delgado que tocou en Dany. Con todo, as galegas conseguiron igualar a contenda con Jenny, no 12, de disparo cruzado. Desde o minuto 13, os dous equipos souberon xestionar ben a acumulación de faltas. Antes do descanso, no 16, as vermellas volveron adiantarse con Leti, nun contragolpe. Marta Pelegrín ampliou a fenda, xa no segundo acto, aproveitando un rexeite. Cumpríase o minuto 32 e Burela apostou por xogo de cinco con Bea Mateos.

Dany, no 35, volveu meter ás laranxas na final, finalizando o balón parado de Cilene. Tras unha brillante dobre parada de Jozi, Leti anotaba o definitivo 2-4, a porta baleira a falta de 46 segundos para a bucina, nunha recta final na que as burelistas sufriron a retirada de Jenny e Bea Mateos, por lesión, coa expulsión engadida de Julio Delgado e Lucas.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Cami, Jenny, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Tai, Julia Forsiuk, Jozi, Lara

Atlético Navalcarnero: Balbuena, María Sanz, Amelia, Ariane, Ju Delgado, cinco inicial; tamén xogaron Leti, Marta Pelegrín, Desi

Goles: 0-1, minuto 6, Dany (pp); 1-1, minuto 12, Jenny; 1-2, minuto 16, Leti; 1-3, minuto 32, Marta Pelegrín; 2-3, minuto 35, Dany; 2-4, minuto 40, Leti

Árbitros: Linares López // Cordero Gallardo (Colexio Andaluz). Por Burela amarela para Jenny, Tai. Por Navalcarero amarela para Ariane, Leti, Amelia, María Sanz.

Incidencias: Partido correspondente á final de Copa de España Cádiz 2018 disputado en Complexo Deportivo Cidade de Cádiz.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.