04/06/2018

O ala Juanfran súmase ao proxecto mariñán

O ala Juanfran súmase ao proxecto mariñán
Continuamos con novidades. O ala Juan Francisco Botía Galiano, máis coñecido como Juanfran, formará parte do proxecto laranxa para a próxima tempada. O murciano, que cumprirá 26 anos o día 10, defendeu a elástica do Naturpellet Segovia nas tres últimas campañas, con ascenso a Primeira incluído, en 2016-17.

Na súa terra, Juanfran comezou a medrar con Plásticos Romero Cartagena en 2009-10, equipo no que disputou outras dúas etapas, 2012-13 e 2014-15. FC Barcelona B (2010-12) e Levante UD DM (2013-14), xunto ao conxunto segoviano, completan a súa intensa traxectoria ata o momento.

Juanfran é a terceira incorporación do Pescados Rubén Burela FS para a planificación do 2018-19, xunto ao tamén ala Vargas e ao peche Lucho, ambos procedentes do Levante UD, e a sexta peza laranxa, coas renovacións de Matamoros e Hélder e a continuidade de Renato.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.