16/05/2018

Juanma Marrube: 'É unha final, non hai volta atrás'

Juanma Marrube: 'É unha final, non hai volta atrás'
Chegou o gran momento. O Pescados Rubén Burela FS prepárase para a mai de todas as batallas. Este venres, recibirá o Real Betis Futsal (21.00 horas) en Vista Alegre coa vitoria como única opción para seguir mantendo vivo o soño de voltar a Primeira División, tras o 2-1 en contra en Sevilla da semana pasada. “É unha final, non hai volta a atrás” dicía coa súa habitual serenidade Juanma Marrube, con confianza absoluta nas posibilidades da Bomboneira.

O eterno capitán laranxa, o Mariskal, o 8 burelista, que tan ben coñece a infinidade de emocións nos play off de Vista Alegre dende a pista, vivirá a súa primeira experiencia no baluarte mariñán como adestrador. “Sabemos que o público de Vista Alegre é moi astuto. Espero que estea con nós en todo momento, co apoio incondicional que sempre demostrou, sobre todo nas grandes citas; saben moi ben como presionar, pero tamén como levantarnos en momentos de debilidade” explicaba o alfocego.

Os número avalan a solidez da Bomboneira na súa traxectoria de play off, con 13 triunfos laranxas nos 16 encontros disputados na casa. A isto Juanma Marrube engade as sensacións que asolagan o vestiario: “Iso é o transmiten os xogadores, a ilusión, o convencemento e as ganas. Están enchufados, queren o partido e temos o parapeto de Vista Alegre; son moitos indicativos que apuntan a que este venres poderemos gañar o partido”.

“En Betis fomos capaces de sufrir e estar vivos en todo o partido, ante un equipo moi forte na súa casa; temos que seguir sendo fieis aos nosos sinais de identidade, ao traballo que nos trouxo ata onde estamos. Será un partido moi bonito, cun gran reto e diante da nosa xente, coa necesidade de igualar a eliminatoria. Temos que saber canalizar esas ganas”, advertía o Mariskal.

Festa Laranxa

Dende as 19.00 horas, Vista Alegre acollerá Festa Laranxa para ir quentando motores co mellor ambientazo. Os afeccionados/as poderán coller forzas para gozar da emoción do play off, adquirindo exquisitas racións de polbo do Carballiño, acompañado con pan de Cea.

Estará prohibido o acceso de vehículos ás proximidades do pavillón, por motivos de seguridade.

Venda anticipada

A venda anticipada de entradas estará dispoñible tamén o venres pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas. A taquilla estará aberta dende as 20.00 horas: non soci@s adult@s 10 euros, soci@s adult@s 5 euros, menores de idade 2 euros.

Domingo 20

No caso de que os laranxas saian vitoriosos o venres, a primeira eliminatoria de play off decidirase o domingo, de novo na Bomboneira, ás 18.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.